top of page

SOLSTICIO DE VERÁN

 

Seguiremos  coa representación de duas pezas por parte do grupo de teatro infantil Os Escintilantes e as suas obras "Un home para a lúa" e "Guerra de colores". Continuaremos con outra obra, esta vez por parte da compañia Non Sí? Teatro "UNDERGROUND", versión libre de Non Si? Teatro de Alicia no país das marabillas de Lewis Carroll. Dramaturxia e dirección de Mónica Sueiro. 

Este ano, abundando na nosa teima de que O Son das Mámoas simbolize moitísimo mais ca un simple festival, temos a ledicia de invitarvos a tod@s a que pasedes o verán enteiro connosco. Con tal motivo inaugurarémolo o día 21 de Xuño cunha festa do solsticio de verán. A programación do 21 de xuño comezará sobre as 17:00h e incluirá diversas actividades para a crianza.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Unha vez rematadas estas actividades e como preámbulo da charanga posterior, disfrutaremos dunha boa foliada a cargo do grupo Pandereir@s do Lume!. E para concluir a xornada unha FESTA HORTERA , que se prolongará até altas horas da madrugada a cargo do DJ Amancio Hortera. Non esquezades as vosas vestimentas máis horteras. Agardámosvos a tod@s!!!!

 

 

bottom of page