top of page

E TI TE PREGUNTAS... "POR QUE ORGANIZAN UN FESTI?"

Xa nos imos coñecendo así que como moitos saberedes, somos xóvenes da parroquia de Candeán e arredores, por iso nesta ocasión imos aproveitar para presentarnos un pouquiño máis a fondo.

Somos xóvenes si, iso non mudou, pero sobre todos somos a xeración a quen non lle deixan traballar, e que cada vez ten máis dificultades ata para estudar, somos os que non se poden independizar nin pensar no seu futuro, somos a nova emigración precaria que ten que escapar da súa terra en busca do pan e da dignidade que lle negan. E estamos fartos!

E nesta fartura démonos conta de que a cultura é o gran poder que temos como pobo para defendernos e denunciar o saqueo ó que nos someten.

 

E isto que ten que ver con "O Son Das Mámoas"?

Pois xa que a cultura de masas coa que nos bombardean é inoperante e nos trata de ocultar a verdadeira problemática actual, nós queremos poñer o noso graniño de area para sumar na procura de inventir esta situación.

Por todo isto a nosa labor é a de crear unha plataforna para os verdadeiros artistas, pintores, actores e músicos comprometidos, brindandolle a oportunidade de difundir as súas mensaxes. Os pintores a través do espazo de arte, os actores coa interpretación das súas obras e os músicos coas súas cancións nos concertos. Tampouco nos queremos esquecer da cultura máis tradicional e a máis alternativa, por iso tamén teñen o seu espazo de foliada galega no xantar popular, na exhibición de graffiti e na competición de break dance. E por suposto para os nenos, o futuro da nosa sociedade, aqueles que van a herdar toda esta situación e que merecen que lles deixemos algo mellor, por iso, para eles temos diversas acitividades e obradoiros, para divertilos pero tamén para estimular a súa creatividade, e que desde cativos coñezan e disfruten da riqueza cultural do seu entorno.

 

Esta é a nosa forza, a nosa aportación, para que entre todos, empurrando forte e xuntos poidamos mellorar o mundo que se está a crear e que deixaremos ós nosos fillos e netos.

Só nos queda convidarvos a que vos acheguedes e disfrutedes con nós deste día de ledicia e unión, porque o camiño é máis bonito cantos máis sexamos percorrendoo.

Unha aperta de toda a organización de "O Son Das Mámoas"

 

 

SAÚDE, UNIÓN E TERRA! 

bottom of page